martes 11/5/21

Cos orzamentos a voltas

Mañá terá lugar a sesión plenaria ordinaria do mes de agosto, onde volverá a discutirse sobre as contas locais REDACCIÓN Os edís...
Foto Pleno Xinzo 1.08.13

Mañá terá lugar a sesión plenaria ordinaria do mes de agosto, onde volverá a discutirse sobre as contas locais

REDACCIÓN

Os edís limiaos volverán a reunirse en pleno mañá, na sesión ordinaria do mes de agosto. E como non, os orzamentos volverán a ser protagonistas. Se na reunión anterior do consistorio, as contas quedaran aprobadas en apenas 15 minutos, tras suprimirse o debate por unanimidade, en respecto ás vítimas do accidente ferroviario de Santiago, tamén é certo que a oposición non quedou tranquila, e decatouse de que estaban incompletos. A memoria da alcaldía, o informe económico-financieiro, o de Intervención e o de estabilidade orzamentaria brillaban pola súa ausencia. Así, un dos puntos da orde do día da asemblea de mañá estará dedicado a revisar estas cuestións.

Outro dos eixos da sesión será o recoñecemento cun expediente de honra e unha placa conmemorativa para Rubén Diz, por todos os méritos acadados na súa carreira profesional como atleta e adestrador das promesas deportivas da vila. Noutra orde de asuntos, trataranse tamén en sendas mocións o terrorismo de Resistencia Galega e o Plan Anual contra a Violencia de Xénero.

Comentarios