martes 22/9/20

Creada a plataforma cidadá en defensa das árbores da estrada do S. Mateo

 “Non queremos ir en contra dos intereses dos veciños. Eles tamén teñen dereito a unas boas beirarrúas e unha boa rede de sumidoiros”

Creada a plataforma cidadá en defensa das árbores da estrada do S. Mateo

Mais de medio cento de vecinos e veciñas de Xinzo xuntáronse na tarde do mércores para o estudo e formalización dunha plataforma cidadá que impida a tala dos mais de 50 árbores da estrada do S.Mateo (Avd/ Celanova) que leva consigo o proxecto presentado pola COTOP para o arranxo deste vial.

AS ÁRBORES XA ESTABA AÍ CANDO SE CONSTRUÍRON OS PISOS

A estrada e as árbores son patrimonio de todos os habitantes de Xinzo, e referíndose soamente as árbores, son patrimonio ademais de todos os limiáns, e porque non de todos os galegos. É por iso que os argumentos de que existen sinaturas dos veciños que están de acordo coa tala, non serve neste caso.

ACCIÓNS A LEVAR A CABO

Varias foron as propostas a levar a cabo nestes poucos días que faltan ata que a Consellería adxudique a obra e veñan as grúas cos camións e as motoserras e acaben con mais de 100 anos de patrimonio, por iso temos que traballar rápido. Esas foron as premisas expostas polos diferentes intervenientes, instándose mutuamente a poñerse en marcha.

A primeira acción que se levou a cabo no propio salón foi o de comezar unha recollida de sinaturas, para que o Concello se de conta que enfronte das 90 sinaturas existirán miles que se opoñen a que se leve a cabo ese “arboricidio”.

Paralelamente a propia plataforma solicitará a casa de Cultura para celebrar unha mesa redonda a onde acudan os representantes dos distintos grupos políticos que conforman a corporación, así como entidades ecoloxistas e técnicos medioambientais que estuden a situación.

A S.G.H.N,xa presentou un escrito no Concello na propia Xunta, así como os partidos políticos no Parlamento Galego.

O SÁBADO MEDIRÁN E VALORARÁN AS ÁRBORES

88Tendo como guía a carta de Granada, onde se valoran as árbores pola  idade, e dimensións, pódese facer unha valoración patrimonial e ambiental dos mesmos, e non sería de estrañar que o seu valor sexa superior ao investimento da propia obra.

Algún dos presentes chegou a definir ao servizo de estradas da Xunta de Galicia como “auténticos arborecidas”.

DECLARACIÓN DE PATRIMONIO MEDIOAMBIENTAL

Outra das acción que levarán a cabo os 3 partidos da oposición presentes no acto será unha moción ao pleno ordinario do mes de Abril, para declarar ese conxunto de árbores “Patrimonio medioambiental e paisaxístico de Xinzo”.

Comentarios