viernes 25/9/20

A Cruz Vermella imparte en Xinzo dous cursos de informática, internet e redes sociais para maiores de 55

Un deles empeza o próximo luns, e o segundo o día doce de maio

REDACCIÓN

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

A Cruz Vermella impartirá en Xinzo dous cursos de informática, internet e redes sociais para persoas maiores de 55 anos. O primeiro deles comezará o vindeiro luns na Aula Cemit da Casa da Cultura de vila e durará ata o 9 de maio, o horario será de 10 a 12 da mañá.

O outro curso iniciarase o 12 de maior e durará igualmente catro días con sesións de dúas horas, desta volta pola tarde, das 16.30 ás 18.30 horas. O número máximo de alumnos por curso son 12 polo que é necesario inscribirse previamente ben no propio local da Cruz Vermella, na Avenida de Ourense nº19 ou chamando ao 988 46 25 41.

Comentarios