sábado 31/10/20

Cursos de atención sociosanitaria e condución de autobuses para desempregados da Limia

A Xunta de Galicia aproba a convocatoria de tres especialidades que darán comezo en xuño

bla

    A Xunta de Galicia aproba axudas para tres cursos de formación profesional para o emprego na comarca que darán comezo neste mes de xuño.O obxectivo destes é formar ás persoas desempregadas para que poidan acceder ó mercado laboral. 

Un deles é o de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institución socias do cal se fan dúas convocatorias. Un total de 469 horas de estudo e que se van desenvolver en dous espazos. Un dos cursos impartirase nas institucións do Concello de Xinzo e outro deles na Academia Cero, na rúa Cruceiro. As clases darán comezo o 27 de xuño.

A outra especialidade que se vai impartir é a de condución de autobuses na Autoescola Puente Linares da vila. As clases comezarán o 22 de xuño e son un total de 388 horas. 

 

Cursos de atención sociosanitaria e condución de autobuses para desempregados da Limia
Comentarios