miércoles 12/8/20

Dendealimia.com, PONSE NAS MANS DUNHA PROFESIONAL

Patricia F. Santana faise cargo da dirección do xornal

Licenciada en xornalismo pola USC no ano 2011 e natural da Limia, con residencia en Xinzo de Limia, aceptou, pese a súa xuventude facerse cargo de dirixir a partir desta semana o noso pequeno proxecto xornalístico para facer del un GRAN XORNAL DIXITAL.

PatriAMPLA EXPERIENCIA A PESAR DOS ANOS

Inquieta e “bule bule” Patricia xa formou parte, nestes catro anos dende que rematou os seus estudos da Radio e TVG. Durante dous anos formou parte da “nómina” de xornalistas e no primeiro caso de locutores da Radio Galega e despois da TVG, como xornalista, redactora e Locutora de noticias do Telexornal. Pero entre medias, tamén tivo tempo de facer varios  cursos de produción de audiovisuais e de Produción de contidos para a rede e web 2.0.  E como aínda lle quedaba algún tempo libre, tamén se fixo Monitora de tempo libre, facendo traballos os fins de semana.

Agora apostou por quedarse en Xinzo o ponerse a fronte do dendealimia, o cal fará, non temos a menor  dúbida,  que os contidos día a día sexan  moito máis profesionais.

Benvida a Patricia  e esperamos que a terceira sexa a vencida, como di o refrán.

Comentarios