sábado 31/10/20

Os días 22, 23 e 24 de agosto son os escollidos para o Esquecemento 2014

A Asociación “Civitas Limicorum” reuniuse o venres en asemblea xeral para fixar datas e conseguir axuda e ideas para a...
IMG-20140503-WA0005

A Asociación “Civitas Limicorum” reuniuse o venres en asemblea xeral para fixar datas e conseguir axuda e ideas para a festa

MARÍA FERNÁNDEZ ROMERO

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

Castrexos e romanos enterraron as hachas de guerra para organizar a próxima batalla. Os vindeiros 22, 23 e 24 de agosto serán os escollidos para que Décimo Xuño Bruto desafíe a tradición e o medo, e cruce o “Flumen Oblibionis” na vila limiá. Así se decidiu na asemblea xeral que celebrou a Asociación “Civitas Limicorum” o pasado venres na Casa da Cultura de Xinzo.

A reunión, liderada pola presidenta da asociación, Conchi Ojea comezou coa presentación das contas de 2013 e co plantexamento de pequenos cambios no corpo directivo, que se aceptaron. Así, sumáronse catro persoas á directiva actual pasando a conformala un total de sete.

Ideas

Durante a xuntanza os representantes dos distintos grupos que participan máis activamente na festa do Esquecemento aportaron ideas sobre o que lles gustaría facer e ver durante a próxima recreación deste verán. O resultado foi a recuperación da cea de fraternidade aberta ao público e as teatralizacións de rúa. Houbo tamén tempo para pensar na loxística. Os responsables da asociación pediron aos socios que colaboren nos día previos á festa sobre todo, para o relativo á montaxe e colocación do campamento que regresará ao parque do Toural.

Comentarios