viernes 30/10/20
Árbores da Limia

Dous coñecidos humoristas galegos únense ao amadriñamento das árbores da Limia

Dous dos rostros máis recoñecidos do humor galego na pequena pantalla uníronse á campaña dos Amigos das Árbores da Limia.

18209002_214047252432386_3770730536063899547_o
O presentador do Land Rober, Roberto Vilar, apoiando a campaña.

O presentador, actor e humorista galego, Roberto Vilar, é un dos últimos rostros recoñecidos da cultura, a política e a literatura en se unir á campaña de amadriñamento das árbores da Limia que está a promover a plataforma creada contra a tala das árbores da Avenida de Celanova en Xinzo de Limia.

A Roberto Vilar uniuse tamén o humorista coruñés, David Perdomo. 

perdomo

Non son os únicos persoeiros que se están a involucrar coa plataforma manifestando o seu apoio público á campaña. Xunto con eles tamén amadriñaron árbores a deputada de En Marea Alexandra Fernández, o escritor Antón Riveiro Coello, a cantante e actriz Carmen Penim, o xornalista Federico Cocho, o ex-alcalde de Vilar de Santos Xoán Antón Jardón, a escritora e académica Chus Pato ou o ex-senador Xosé Manuel Pérez Bouza.

Comentarios