martes 1/12/20

Dous homes ingresan en prisión logo de que os axentes atopasen droga no seu vehículo en Xinzo

Os feitos aconteceron no verán de 2015 nun control de Tráfico

    Victoriano A. e Mohamed M. presentáronse onte na Audiencia Provincial de Ourense como imputados por un delito contra a saúde pública.

No verán de 2015 o vehículo no que viaxaban foi detido pola Garda Civil de Tráfico na A-52 á altura de Xinzo de Limia, para facerlles un rexistro. Tras pedirlles a documentación ós dous ocupantes, os axentes comprobaron que ambos acumulaban antecedentes policiais por tráfico de drogas. Procederon a rexistrar máis a fondo o coche e atoparon un paquete sospeitoso que resultou conter case medio quilo de heroína.

Logo dos feitos pasaron a disposición do Xuzgado de Instrución de Xinzo,que decretou o seu ingreso inmediato en prisión. 

Meses despois e diante da Audiencia Provincial, os detidos recoñeceron que trasladaban a droga para a súa venda ilegal e aceptaron a condena por narcotráfico, 4 anos e 6 meses para Victoriano, por ser reincidente,  e 3 anos para Mohamed. Ambos deberán pagar unha multa de 92.000 euros. 

Comentarios