jueves 22/4/21
110 positivos a día de hoxe en Xinzo

Elvira Lama solicítalle ao SERGAS un novo cribado da poboación do Concello

Hoxe Xinzo subiu do cento de persoas contaxiadas

Lama pide un cribado para illar aos asintomáticos e frear así a imparable cadea de contaxios en Xinzo

Elvira Lama
Elvira Lama

A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, pídelle ao Sergas un novo cribado masivo en Xinzo de Limia, despois do brusco incremento de casos activos, que no que vai de ano pasaron de 39 o día 1 de decembro de 2020 a 110 hoxe.  So dende o pasado día 4, explica Lama Fernández, o incremento foi de 57 casos, que atribúe esta incidencia á mobilidade nas datas de Nadal, nas que se permitiron os reagrupamentos familiares, e ás reunións de non conviventes.

Elvira Lama considera que pese a proactividade do Concello, coa publicación de bandos, intensificación de controis policiais e recomendacións, “é preciso agora un cribado da poboación xeral do Concello, como xa se fixe neste e noutros concellos, de cara a detectar positivos asintomáticos e poder illar e cortar así a cadea de transmisión”.

Remata a súa misiva  ofrecéndolle ao Sergas todos os espazos e medios necesarios para a realización das probas, esperando que a súa solicitude sexa sometida ao mellor criterio técnico e sanitario e que sexa analizada no Comité Clínico de mañá, martes.