jueves 24/9/20

O Entroido e o Esquecemento optan a ser unha das sete mellores festas de España

Un concurso a nivel nacional inclúe as candidaturas dos festexos máis populares de Xinzo

    A plataforma de Internet www.las7mejores.com pon en marcha un concurso para votar polas mellores festas de España. Dentro das súas candidaturas aparece o Entroido de Xinzo de Limia que de momento ocupa o terceiro lugar da súa categoría con 64 votos a favor. 

A festa do Esquecemento tamén participa na categoría de eventos históricos e atópase no posto 16 con 74 votos. 

festas

En dito concurso os usuarios poden elexir cal é a súa festa favorita, engadir comentarios e fotografías e interactuar no foro. O fin é crear unha base de datos que recolla o Patrimonio Cultural de España e dando a coñecer neste caso a tradición cultural da Limia a nivel nacional e internacional. 

As persoas que queiran apostas polos festexos da comarca poden facelo entrando no enderezo da plataforma e buscando as festas por categorías. Ademáis entrarán no sorteo de viaxes e premios. 

As votacións poderán facerse ata finais de anos. 

Comentarios