O Entroido de Xinzo, festa de Interes Internacional

532
O Entroido de Xinzo, festa de Interes Internacional

Este é o obxetivo do Concello para o 2019

Por primeira vez, os presupostos municipais do ano 2018 terán unha partida presupuestaria para poder alcalnzar para o Entroido de Xinzo a declaración de interés Internacional.

Xa fai anos que se levaba intentando este cometido, despois de que o entroido xa foi declarado de interés Nacional fai anos, pero faltaban no proxecto, segundo a Xunta as accións en 10 paises.

Para elo, este ano o Concello destina unha partida de 18.000 €, que espera sexan suficintes para a contratación dunha consultoría internacional de medios que axude a conseguir este obxetivo deseado por tódalas comisións organizadoras e polo propio Concello.

É algo que tiñamos no tinteiro, non só o actual goberno, se non xa os anteriores", manifestou Antonio Pérez. "O procedemento non é doado xa que hai que reunir varios requisitos importantes.

Un deles pasa por acadar unha repercusión global mediante a presenza da festa nunha serie de diarios de tirada internacional. É a primeira vez que se destinará esta cantidade económica ".