martes 11/5/21

A Escola Rural de Saúde da Limia prepara un obradoiro sobre saúde dos ollos

A sesión terá lugar o xoves día 30 na Casa da Cultura de Xinzo e contará coa participación de dúas...
Escola de Saúde

A sesión terá lugar o xoves día 30 na Casa da Cultura de Xinzo e contará coa participación de dúas expertas

REDACCIÓN

[email protected]

Co obxectivo de mellorar a información respecto da saúde dos ollos entre os limiaos, a Escola Rural de Saúde prepara para o vindeiro xoves día 30, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia un obradoiro.

No programa tratarase desde o funcionamento do ollo, ata enfermidades coma o glaucoma ou as cataratas pasando polos denominados “errores refractarios” que afectan a unha moi alta porcentaxe da poboación como son a miopía, hipermetropía ou a presbicia. A sesión será de tres horas, entre as 16:30 e as 19:30 e será conducida por dúas docentes, Isabel Gómez Díaz, diplomada en óptica e optometría e máster en optometría clínica e Yolanda Gómez Díaz, tamén diplomada en óptica e optometría ademais de licenciada en farmacia.

Todos aqueles que desexen asistir ao obradoiro deberán dirixirse á oficina de Servizos Sociais do Concello de Xinzo  para realizar a inscrición previa, ou ben escribir un correo electrónico a [email protected].

Comentarios