Os escolares da Limia convertéronse por un día en axentes da autoridade

escolares 2
Os escolares da Limia convertéronse por un día en axentes da autoridade

Alumnos e alumnas de infantil e primaria da Limia pasaron a mañá do xoves coñecendo máis de preto como traballan as forzas de seguridade. O recinto exterior do pavillón municipal encheuse de vehículos da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil. Así mesmo tamén estivo presente o posto de mando da Axencia Galega de Emerxencias.

escolares 5

A intención era celebrar a I Convivencia Interescolar de Educación Vial na que participaron os colexios de Xinzo de Limia, Rairiz de Veiga e Vilar de Barrio.

escolares 4

Os escolares pasaron unha xornada agradable montando nos distintos vehículos, accionando as sereas de emerxencia e falando pola megafonía.

escolares 3

Ó tempo que se celebraron estas actividades tivo lugar unha entrega de premios ó alumnado que participou no concurso de carteis. O acto celebrouse no salón de plenos do Concello onde tamén se procedeu a render homenaxe a un dos membros máis veteranos de Protección Civil de Xinzo.

Na xornada de convivencia estiveron presentes o Director Xeral de Emerxencias,Luis Menor, o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez. o Inspector de Policía Local da vila, German Bolaño, o responsabe de Protección Civil , Manuel Cabas e o Xefe Provincial de Tráfico de Ourense, David Llorente entre outras moitas autoridades.