O escritor celanovés Manuel Caldas presenta na Casa dos Poetas o seu primeiro libro

Pres. Manuel Caldas 2014 (3)
O escritor celanovés Manuel Caldas presenta na Casa dos Poetas o seu primeiro libro
“Scotty Habbis en las olimpiadas de Serengueti”, unha obra de literatura xuvenil chea de deporte, música e maxia REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia A Casa...

“Scotty Habbis en las olimpiadas de Serengueti”, unha obra de literatura xuvenil chea de deporte, música e maxia

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

A Casa dos Poetas foi o escenario escollido polo escritor celanovés Manuel Caldas Castro para presentar o seu primeiro libro, "Scotty Haggis en las Olimpiadas de Serengueti", unha obra de literatura xuvenil chea de aventuras e ambientada no continente africano. Na presentación que tivo lugar onte, estiveron presentes ademais do autor, o alcalde de Celanova e presidente da Fundación Curros Enríquez, José Luis Ferro e Carme García, a correctora do texto.

A historia comeza nas Highlands escocesas, onde un cataclismo estelar transforma a Scotty, un  haggis xoguetón, nun humano con poderes. Anos máis tarde, xunto con Monique e Manu, este haggis humano traballa velando pola seguridade das primeiras Olimpiadas para animais que se celebran no Parque Nacional Serengueti, en Tanzania, onde correrán perigosas aventuras nalgunhas das marabillas naturais do Continente africano. Nesta fábula trepidante, a selva congolesa, o delta do Okavango e as neves do Kilimanjaro énchense de deporte, de música e maxia para conformar paisaxes cheos de humor, color e amizade no espectáculo máis grande de tódolos tempos.