viernes 30/10/20

Espectacular accidente na A-52 sen vítimas

Pasadas as catro do serán una furgoneta que se dirixía o polígono de S. Ciprian, bateu por alcance contra un vehículo utilitario, quedando este na mediana da autovía e saíndose a furgoneta por un terraplén de mais de 4 metros, para quedar como se aprecia na foto.
SOLO CONTUSIÓNS LEVES
O condutor do vehículo pequeno foi trasladado ata o hospital de Verín simplemente para corroborar que non sufría lesións. O condutor da furgoneta saíu totalmente ileso, como se pode comprobar nas instantáneas de dendelaimia.


2NON SEI COMO Ó FIXEN, PERO SUBÍN POLO TERRAPLÉN PARA AVISAR OS OUTROS VEHÍCULOS, NON FORA SER QUE SE VOTARAN ENCIMA DO OUTRO COCHE ACCIDENTADO
O rescate da furgoneta foi levado a cabo grazas a solidariedade e a colaboración dun veciño de Morgade, que acudiu o pouco tempo o lugar no que se atopaba a furgoneta, para co seu tractor sacala do lugar, para que un camión grúa pequeno a puidera levar o seu destino.

Comentarios