O ESQUECEMENTO 2015 COMEZA ESTE VENRES 21

presentación esquecemento 2015-2
O ESQUECEMENTO 2015 COMEZA ESTE VENRES 21

O Salón de plenos do concello foi o lugar escollido para presentar a festa e todo o seu programa

Hoxe foi presentado no concello co presenza do alcalde Antonio Pérez, o concelleiro de festexos Luís M. Gil , a presidenta de Civitas Limicorum Conchi Ogea e un grupo de figurantes castrexos e romanos.

MOITA ANIMACIÓN

Unha das novidades a destacar desta edición é a contratación dunha nova empresa de animación galega de A Cañiza, con xa moita experiencia nestas festas. Máis de 20 persoas serán a s encargadas de que dende a noite do venres ata o domingo pola noite o ambiente na vila sexa totalmente de época.

MAIS ROMANOS

Outra das novidades deste ano é o incremento das lexións romanas no campamento nun número aprox. de 5 máis. Dezanove(19) serán os grupos de castrexos e completarán o campamento , que este ano repite asentamento no parque do Toural, 3 grupos de escravas.

Dende mañá iremos desvelando o programa e as outras novidades.presentación esquecemento 2015