Un estudo revela que os altos índices de cancro na Limia están relacionados coa presenza de arsénico

arsénico
Un estudo revela que os altos índices de cancro na Limia están relacionados coa presenza de arsénico

O elemento libérase sobre todo a través de herbicidas e insecticidas

Un grupo de científicos do Centro Nacional de Epidemioloxía de España veñen de publicar un estudo no que se asocia a presenza de arsénico a un maior risco de padecer cancro. Gonzalo López e Olivier Núñez fixeron unha análise de maís de 800.000 mortes por dita enfermidade en case 8000 municipios, entre os anos 1999 e 2008.

Neste senso a comarca da Limia atópase entre os lugares nos que hai unha maior concentración do elemento, o que se relaciona cunha probabilidade alta de padecer cancro de estómago, páncreas, pulmón, cerebro ou linfoma no Hodgkin .

O arsénico libérase por procesos naturais como a erosión das rochas ou os incendios forestais. Onde se incrementa a súa aparición é a través das emisións industriais e do seu uso como conservante da madeira, herbicida ou insecticida.

Os científicos recollen que a principal fonte de exposición humana ó arsénico é a través do consumo de alimentos sobre todo arroz e auga e a través da respiración con polvo en suspensión.

Así as cousas segundo revela o estudo, o feito de vivir nun municipio con niveles de arsénico altos non implica que por si mesmo provoque a orixe da enfermidade. Con todo os investigadores resaltan que o arsénico é un coñecido elemento que produce cancro en texidos como a pel, pulmón, vexiga, fígado ou riñón.