miércoles 12/8/20

Tres feridos graves nun accidente en Xinzo, o peor deste mes na provincia

Os vehículos colisionaron esta madrugada na estrada de Vilar de Barrio REDACCIÓN Un home de 29, unha muller de 45 e outra...
Vista de A Pena
Vista de A Pena

Os vehículos colisionaron esta madrugada na estrada de Vilar de Barrio

REDACCIÓN

Un home de 29, unha muller de 45 e outra de 76 anos resultaron feridos graves esta madrugada, tras unha colisión na que se viron implicados tres turismos na estrada que comunica a vila limiá co municipio de Vilar de Barrio. Trátase do accidente de tráfico máis grave rexistrado na provincia durante este mes de agosto, cun total de seis feridos.

O choque produciuse cerca das 00:30 horas, a altura do quilómetro 3,600 desta estrada local á altura do lugar de A Pena, moi preto da vila de Xinzo, tal e como indicou a Garda Civil de Tráfico. O home de 29 anos e veciño de Vilar de Barrio que resultou ferido de gravidade, viaxaba so no seu vehículo, e non levaba posto o cinto de seguridade, as outras dúas mulleres cuxo estado reviste gravidade viaxaban xuntas e eran naturais de A Bola.

As outras tres vítimas resultaron feridas leves. O condutor do coche no que viaxaban as dúas mulleres, e os dous ocupantes do terceiro vehículo implicado, un home e unha muller de Xinzo, de 42 e 34 anos respectivamente. Todos eles circulaban cos correspondentes elementos de seguridade.

Os afectados atópanse xa no complexo hospitalario de Ourense, mentres as autoridades investigan as posibles causas do accidente.

Tres feridos graves nun accidente en Xinzo, o peor deste mes na provincia
Comentarios