jueves 09.04.2020

Finalizan as obras de mellora da seguridade viaria sobre o leito baduense de Rego de Lamas

A Xunta investiu 135.000 euros en ampliar o pontón, aumentado a súa estabilidade REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia A Xunta rematou os traballos de ampliación...
image_gallery
image_gallery

A Xunta investiu 135.000 euros en ampliar o pontón, aumentado a súa estabilidade

REDACCIÓN

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

A Xunta rematou os traballos de ampliación e mellora do pontón sobre o leito de Rego de Lamas no Concello de Bande, situado concretamento no punto quilométrico 27+360 da estrada que une as localidades de Xinzo e Bande, a OU-301. Os principais obxectivos desta mellora de seguridade viaria era incrementar a estabilidade da ponte e selar as fisuras localizadas na estrutura. A encargada das obras foi a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que destinou para as mesmas un orzamento de case 135.000 euros.

A ponte que existía antes da mellora era unha obra de fábrica de pedra con una única bóveda semicircular de sillería de granito. A anchura da calzada na parte central da bóveda, entre peitorís, é de 5,40 m. Coa intervención da Consellería de Medio Ambiente, esta estrutura incrementou o seu ancho en dous metros, é dicir en case un 40%, polo que a calzada mide 7,40 metros.

Os traballos comezaron en 2013 coas labores de desbroce e eliminación da maleza e seguiron cos traballos necesarios para incrementar a estabilidade do pontón, así como para selar as fisuras localizadas e reparar os fallos inventariados, que aínda que non afectan á estabilidade da ponte é conveniente reparar. Para elo, procedeuse á limpeza do paramento do muro e ao adosado un novo muro de cachotaría. Na imaxe sinálase o punto da OU-301 no que se actuou.

En relación coas unidades de obra, foi necesario mobilizar 750 m2 de fresado, case 180 m3 de formigón e estender 30 toneladas de mestura bituminosa quente, así como mobilizar máis de 230 m3 en material de escavación.

Esta actuación beneficiará directamente aos habitantes do Concello de Bande; pero mellora a comunicación de máis de 5.000 veciños dos concellos de Bande, Porqueira e Muíños.

Comentarios