martes 27/10/20

Formación continua para os profesionais agropecuarios

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso oferta varios cursos especializados no sector REDACCIÓN O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso oferta...
Curso 1

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso oferta varios cursos especializados no sector

REDACCIÓN

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso oferta para este comezo do outono dous cursos destinados aos profesionais do sector agropecuario, un dedicado á prevención de riscos laborais e outro centrado no uso eficiente da enerxía nas explotacións.

Prevención de Riscos Laborais

A lei di que todas aquelas empresas que non teñan máis de cinco traballadores poden asumir a función de prevención na persoa do propietario ou dalgún traballador. Con vistas a esta normativa celébrase o Curso Básico de Prevención de Riscos Laborais en Industrias Agroalimentarias, pois esta é a titulación mínima precisa para levala a cabo.

Os destinatarios deste curso serán persoas ocupadas tanto traballadores como propietarios de industrias do sector agroalimentario. Cincuenta horas de tele-formación repartidas entre o 27 de setembro e o 31 de outubro.

Uso eficiente da enerxía

Os días 6, 8 e 12 de outubro celebrarase en Lodoselo (Sarreaus), un curso teórico e práctico sobre o uso eficiente da enerxía nas explotacións agropecuarias. As prazas, que son limitadas, están destinadas a persoas ocupadas, tanto dadas de alta por conta allea coma autónomos.

Inscricións

Tódolos interesados nestes cursos deben poñerse en contacto do Cdr O Viso pola canle que desexen. Pode ser mediante enderezo electrónico, escribindo a [email protected], por teléfono no 988.46.15.71 ,ou de maneira presencial no Centro de Información da Limia, sito na Praza Maior nº1.

Comentarios