miércoles 28/7/21
Fundación Curros Enríquez

A Fundación Curros Enríquez adquire o libro "Historia do apóstol Santiago", de Mauro Castellá Ferrer

A obra estará exposta, a partir da vindeira semana, nunha sala da Casa dos Poetas para que todas aquelas persoas que o desexen, poidan ir visitalo.

Paula Conde, Antonio Pineiro, Rosendo Fern ández, Noa Fernández e José Luis Ferro
Paula Conde, Antonio Pineiro, Rosendo Fern ández, Noa Fernández e José Luis Ferro.

A Fundación Curros Enríquez vén de adquirir o libro "Historia do apóstol Santiago", escrito no ano 1610 polo autor celanovés Mauro Castellá Ferrer, unha obra que se incorpora ao patrimonio bibliográfico de Celanova por medio dunha campaña de captación de fondos e de colaboración de particulares levada a cabo ao longo dos dous últimos meses. A presentación desta publicación tivo lugar o pasado xoves, día 27, no Pazo Provincial, acto no que participaron o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández;  o presidente e o secretario da Fundación Curros Enríquez, José Luis Ferro e Antonio Piñeiro, respectivamente; e as traballadoras da Fundación Curros Enríquez, Noa Fernández e Paula Conde.

O vicepresidente da Deputación de Ourense salientou a importancia de "recuperar unha xoia bibliográfica galega para o patrimonio literario de Celanova".

O vicepresidente da Deputación de Ourense salientou a importancia de "recuperar unha xoia bibliográfica galega para o patrimonio literario de Celanova", quen engadiu que este ano celébrase "o 450 aniversario do nacemento de Mauro Castellá Ferrer, unha gran oportunidade para dar a coñecer a súa obra ao público".

Pola súa parte, o presidente da Fundación Curros Enríquez sinalou que esta adquisición encaixa no obxectivo da entidade de "dar coñecer e poñer en valor aos nosos escritores". Asemade, José Luis Ferro dixo que a recuperación deste libro que forma parte "do patrimonio literario da nosa vida" é importante por varias razóns: pola súa antigüidade, porque foi escrito por un celanovés e porque relata aspectos relacionados coa nosa historia sobre as figuras de San Rosendo e San Torcuato, así como unha completa descrición do edificio monacal de Celanova.

O presidente da Fundación Curros Enríquez sinalou que esta adquisición encaixa no obxectivo da entidade de "dar coñecer e poñer en valor aos nosos escritores".

O libro conta a historia do Apóstolo Santiago e destaca a súa importancia, sobre todo, na batalla de Clavijo incluíndo nela numerosos datos sobre a súa propia biografía persoal, así como sobre a historia de Santiago de Composte e, en parte, tamén de Galicia. O traballo inclúe, así mesmo, unha interesante biografía sobre San Rosendo e unha valiosa descrición do edificio monacal de Celanova denantes da reconstrución da fábrica actual que chegou ata os nosos días.

Antonio Piñeiro explicou que un dos labores que realiza a Fundación Curros Enríquez é "recuperar material que teñan relación coa figura de Curros Enríquez e topamos con esta obra que custaba 900 euros polo que, puxemos en marcha unha campaña de captación de fondos na cal levamos unha hucha ao mercado e recadamos 800 euros, poñendo o importe restante a Fundación".

O traballo inclúe, así mesmo, unha interesante biografía sobre San Rosendo e unha valiosa descrición do edificio monacal de Celanova.

A obra estará exposta, a partir da vindeira semana, nunha sala da Casa dos Poetas para que todas aquelas persoas que o desexen, poidan ir visitalo.

Comentarios