viernes 30/10/20

Galegos e minhotos abrazaron ao Limia

Máis de 200 pequenos e pequenas dos dous lados da fronteira celebraron xuntos o Día Internacional da Auga REDACCIÓN [email protected] Preto 120 alumnos...
ViagemXinzo_nota_mar14_1

Máis de 200 pequenos e pequenas dos dous lados da fronteira celebraron xuntos o Día Internacional da Auga

REDACCIÓN

[email protected]

Preto 120 alumnos e profesores do municipio portugués de Ponte de Lima visitaron o pasado mércores Xinzo de Limia para coñecer o nacemento do río que da nome a ámbolos dous municipios. Esta viaxe e o día de convivencia que os pequenos viviron xuntos cos escolares do Rosalía de Castro e o Carlos Casares, encargados da organización da xornada, encádrase na  iniciativa “IV abraço o rio Lima”.

Así, e adiantándose as celebracións do Día Mundial da Auga máis de 200 cativos de Galicia e Portugal puideron compartir segundo explicou Carlos Gómez, edil de Cultura limiao “algúns do seus vencellos máis ancestrais e identitarios: a terra, o río e a lingua”. O concelleiro popular aproveitaba para recordar que precisamente coincidindo coa visita dos máis pequenos de Ponte de Lima, aprobábase “por unanimidade no Parlamento de Galicia unha iniciativa para a implantación do portugués no sistema educativo galego”.

Trala chegada dos amigos portugueses, os pequenos mesturáronse cos alumnos galegos e foron divididos en grupos para realizar un cuestionario mentres camiñaban polas marxes do río Faramontaos, o principal afluente do Limia. Unha actividade que fomentou a convivencia, o intercambio de ideas, experiencias e coñecementos entre os alumnos das dúas nacionalidades. Despois de almorzar aínda houbo tempo para que os visitantes coñecesen o Mosteiro de Trandeiras e a Torre da Pena. A comitiva portuguesa marchaba de regreso á casa ao finalizar o día coa certeza de “havemos de lá voltar”.

Comentarios