O Goberno galego prohibe o uso de purín a 50 metros das vivendas

granxa vaca
O Goberno galego prohibe o uso de purín a 50 metros das vivendas

A Xunta prepara esta normativa para que entre e vigor no 2016

A Xunta de Galicia elabora unha nova normativa que obrigará a moitas granxas a ampliar o tamaño das fosas de purín, pois deberán dispor de capacidade suficiente para almacenar a producción dos animais durante catro meses. Trátase dunha regulación específica sobre o alamacenamento, xestión e aplicación dos excrementos gandeiros. O Goberno trata de por fin ós conflitos entre veciños, que provoca o uso de purín e o esterco.

Unhas das novidades que vai recoller a norma é que o uso destes abonos orgánicos ten que facerse a unha distancia mínima de 50 metros de vivendas, fincas residenciais ou outros aloxamenos gandeiros. Tamén se vai restrinxir o uso de purín en parcelas que teñan unha pendente superior ó 20% ou sobre fincas nevadas ou que estean cheas de auga. O documento autonómico impón unha franxa de seguridade de 5 metros no entorno de autopistas e estrada nacionais; de tres para as vías locais e comarcais e de un para camiños rurais.

A norma proposta pola Xunta non contén un réxime propio de sancións, senón que remite ó que se establece en normativas como a de sanidade animal ou seguridade alimentaria. Esta lexislación recolle multas de entre 900 e 45.000 euros para casos de abandono, vertidos ou eliminación incontrolada de refugallos, no caso de que se tratasen de casos pouco perigosos para a saúde das persoas ou o medio ambiente. En caso de que se califiquen como casos moi graves as multas superarían o millón e medio de euros.

O decreto prevese que entre en vigor o ano próximo, agora está pendente de alegacións.