viernes 5/3/21

Unha granxa en Baltar recibiu unha axuda de Medio Rural de máis de 160.000 euros para a súa ampliación

A conselleira Rosa Quintana visitaba onte as novas instalacións desta explotación de coellos REDACCIÓN [email protected] A conselleira do Medio Rural e do Mar,...
Rosa Quintana e Rogelio Martínez (dereita) na súa visita a A Cunca Cunicultura. DAL

A conselleira Rosa Quintana visitaba onte as novas instalacións desta explotación de coellos

REDACCIÓN [email protected]

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, visitou onte xunto co delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, as novas instalacións de A Cunca Cunicultura, unha granxa de coellos no concello de Baltar. Unha nova nave, un almacén e unha esterqueira, constitúen a ampliación desta explotación, que foi posible precisamente grazas a unha subvención da consellería de máis de 160.000 euros. Esta empresa limiá ten así, a día de hoxe, un total de 11 naves e capacidade para 3.260 partos.

Un total de 15 millóns de euros repartía a Xunta o ano pasado en axudas para plans de mellora, favorecendo deste xeito a modernización e ampliación das instalacións agropecuarias de Galicia.

Máis axudas para a incorporación dos máis novos

Rosa Quintana quixo lembrar durante a súa visita a Baltar que este pasado mércores, saía publicada no Diario Oficial de Galicia a nova convocatoria de axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común, para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo. O orzamento inicial é de 250.000 euros, á espera de que sexa ampliado con fondos autonómicos, nacionais e europeos, posto que se trata de axudas cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

Comentarios