A grave situación do Limia chegará a Europa

Ana Miranda
A grave situación do Limia chegará a Europa

Entrevistamonos con Ana Miranda, Eurodiputada do BNG, membro titular de peticións do parlamento europeo para falar da contaminación que afecta o Limia e o Encoro das Conchas.

O pasado 4 de agosto Ana Miranda e varios membros do BNG e expertos visitaron tres ríos en Ourense que necesitan ser moito máis protexidos e entre eles está o Limia. Dende o BNG estimase lanzar unha iniciativa para amparalos, polos problemas de contaminación e saneamento tan graves que acarrean.

O que atañe os Limiáns é o Limia e o embalse das Conchas, sobre o que a Eurodiputada nos comentaba que quedou abraiada coa súa situación. A putrefacción e a baixa calidade das augas é consecuencia dun abandono do coidado, que según ela é denunciable a nivel penal e por suposto político, polo incumprimento da normativa medioambiental europea. A grave situación do encoro, que é peor do que a eurodiputada esperaba, vese e cheirase, pero o peor é o impacto negativo que pode ter na saúde pública, o cal que foi relevando por unha serie de estudos que se levaron a cabo.

O BNG como partido, aparte de presentar as iniciativas que se fixeron no parlamento galego, levarán o tema do encoro e da contaminación polos nitratos e diferentes sustancias ao parlamento europeo. Tocarase o tema precisamente na comisión de denuncias e peticións, para que poidan ir os colectivos da zona alí directamente declarar, para meter presión política e internacionalizar o tema cos compañeiros portugueses.

“Hasta agora nadie tomou medidas en nada porque hai moito interese político e económico, por parte de empresas como Coren no control absoluto de non se cumpra a normativa, porque nesa normativa viñase anunciando que a situación dos puríns tiña que ir solucionandose xa hai anos. Agora que a normativa europea entrou en vigor, hai unha serie de neglixencias por parte da Confederación Hidrográfica, da Xunta e dos Concellos afectados” comentábanos a eurodiputada. Tamén nos di que dende o BNG teñen a obriga de denunciar toda esta situación.

Noutros lugares de Europa como Francia e Holanda sucederon casos parecidos co tema dos puríns, pero solucionáronse a través do control e da regulación dos seus usos, pero, segundo nos dixo Ana Miranda, o encoro é un dos sitios máis contaminados de Europa. Este medio tamén se entrevistou con Antonio Delgado, Catedrático da Universidade de Granada, quen levou acabo un estudo anunciando que é un dos ríos máis contaminados do mundo.

“É unha pena que teñamos un paraíso coma este totalmente contaminado, e polas condicións medioambientais que ten un sitio coma este e que non se lle esté dando valor que ten desprotexendoo, non cumprindo a normativa e deixando atrás a saúde pública.”

Ana Miranda vai ser a ponente do Informe da Auga do Parlamento Europeo na reunión cos Parlamentos Latinoamericanos, por iso é importante recoller estas problemáticas e testemuñas, para que queden reflexados nese informe. “Estamos nun momento clave para denunciar a nivel europeo que en Galicia non se cumpre a normativa europea.


Que o Limia rebaixe os niveis de contaminación dependerá da presión social, comenta a eurodiputada, que istes colectivos se organicen e se empeze a cumprir a normativa. “Non queda máis solución que os veciños e os partidos minoritarios protesten, porque o final o problema é que temos un goberno que deixa de cumprir a lei, prioriza os intereses de grandes empresas e perde de vista a saúde pública.” Este desleixo ven tanto da situación dos ríos, como do resto de prioridades a hora de protexer o medioambiente. Non mellorar a Rede Natura, non facendo traballos de prevención de incendios… son exemplos desta situación.

Esto implica tanto a Xunta, como a Deputación como os Concellos veciños, e segundo Ana Miranda o problema ven da descoordianción, e que moitos non queren tomar medidas conxuntas. Anos atrás confiabase en que cando o problema do Limia chegase a Portugal, un país moito máis ecolóxico que o noso, eles empezarían a criticar esta situación e traballar para mellorala, pero como vemos non foi así e de feito tamén teñen problemas na zona do Lindoso.

“O feito de que se admitira a denuncia medioambiental no caso de Ourense danos unha oportunidade de que se reconsidere a situación do Limia e para presionar e dende o BNG así o faremos.”