viernes 30/10/20

O grupo municipal do PP pedirá a declaración de zona catastrófica na Limia

O rexedor Antonio Pérez avanzou hoxe que no próximo pleno se presentará unha moción sobre este asunto REDACCIÓN [email protected] O alcalde de...
IMG_9246

O rexedor Antonio Pérez avanzou hoxe que no próximo pleno se presentará unha moción sobre este asunto

REDACCIÓN

[email protected]

O alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez avanzou esta mañá a presentación dunha moción que se debaterá no próximo pleno para pedir a declaración de zona catastrófica na Limia, ante os cuantiosos danos rexistrados debido ao mal tempo.

En declaracións a Efe, o rexedor popular ratificou a aprobación deste acordo na  xunta de goberno celebrada onte. Un acordo que será sometido a debate no pleno ordinario que se celebrará a finais deste mesmo mes de febreiro.

Entre o numerosos danos que levaron ao grupo de goberno a tomar esta determinación, Pérez quixo destacar o asolagamento “da maior parte dos campos” ao longo de toda a comarca, así coma de baixos particulares.

O mal tempo afectou “á produción de cereal, fundamentalmente de centeo e trigo” polo que isto tamén podería provocar, tal e como apuntou Pérez, “posiblemente o retraso na sementeira da pataca”.

O grupo municipal do PP pedirá a declaración de zona catastrófica na Limia
Comentarios