miércoles 19.02.2020

Un home falece nun accidente que tivo lugar na A-52 á altura de Sandiás

Un home falece nun accidente que tivo lugar na A-52 á altura de Sandiás

    Unha saída de vía foi a causa dun accidente que lle costou a vida a un mozo de 27 anos natural de Portugal. Xunto a el viaxaban unha muller e un cativo de dous anos que quedaron atrapados no interior do vehículo. Os bombeiros de Xinzo acudiron ó seu rescate e foron trasladados nunha ambulancia ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. O seu pronóstico é grave.

Os feitos tiveron lugar ás 8.47 h desta mañá na A-52 á altura de Sandiás, dirección Ourense. Foi un particular quen deu aviso ó 112 Galicia. Por mor do accidente o tráfico estivo cortado na autovía.  

Comentarios