27 de enero de 2014, 14:04
O condutor de 72 anos e nacionalidade portuguesa foi rescatado polo grupo de emerxencia supramunicipal (GES) Muíños-Lobios
REDACCIÓN [email protected]J.A.C. cidadán portugués de 72 anos perdía onte pola tarde o control do seu vehículo mentres circulaba pola estrada OU-540, á altura da área recreativa de Aceredo, no Concello de Lobios. O coche precipitábase así fora da calzada que une Ourense con Portugal, e foise estampar contra un sinal de información turística. Como consecuencia do forte impacto, o home resultou ferido de gravidade e tivo que ser rescatado polo grupo de emerxencia supramunicial (GES) Muíños- Lobios, e trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.