Un home resulta ferido grave en Lobios ao chocar contra un sinal da área recreativa de Aceredo

accidente Lobios
Un home resulta ferido grave en Lobios ao chocar contra un sinal da área recreativa de Aceredo
O condutor de 72 anos e  nacionalidade portuguesa foi rescatado polo grupo de emerxencia supramunicipal (GES) Muíños-Lobios REDACCIÓN redac@dendealimia.com J.A.C. cidadán portugués de...

O condutor de 72 anos e  nacionalidade portuguesa foi rescatado polo grupo de emerxencia supramunicipal (GES) Muíños-Lobios

REDACCIÓN redac@dendealimia.com

J.A.C. cidadán portugués de 72 anos perdía onte pola tarde o control do seu vehículo mentres circulaba pola estrada OU-540, á altura da área recreativa de Aceredo, no Concello de Lobios. O coche precipitábase así fora da calzada que une Ourense con Portugal, e foise estampar contra un sinal de información turística. Como consecuencia do forte impacto, o home resultou ferido de gravidade e tivo que ser rescatado polo grupo de emerxencia supramunicial (GES) Muíños- Lobios, e trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.