Os hostaleiros da praza Maior porán a bebida con música

Praza Maior Xinzo (Foto arquivo)
Os hostaleiros da praza Maior porán a bebida con música

Todos os domingos de xuño e setembro

Os establecementos hostaleiros da praza Maior, LCH-Xinzo; O Trisquel; Gran Café; Espolón e Tremedoiro queren que as tardes dos domingos de xuño, en principio e tendo intención de continualo en setembro, quérenlle poñer animación as súas terrazas.

Soul & roll
Soul & roll (Tamara e Miguel)

Nesta primeira iniciativa, para este domingo 12 de xuño será o dúo Soul & roll os encargados, nesta ocasión, de poñer a música. Segundo comentaron os organizadores, non queren que sempre sexa música, se non que poderán ser monologuistas, contacontos, maxia, etc.

O que pretenden estes establecementos, todos eles con terrazas na praza é que os clientes ademais de manter unha charla con amigos e familiares, poidan desfrutar dunha actuación, sempre sinxela, pero de calidade, que agrade aos clientes e que non moleste a ninguén.

O grupo Soul & roll está formado pola televisiva Tamara e o guitarrista Miguel.