martes 27/10/20

Indignación dos comerciantes e veciños da rúa San Roque

Esta mañá os comerciantes e veciños da céntrica  e comercial  rúa pedían explicacións , que ninguén lles pudo dar

Segundo manifestaba esta tarde un representante dos comerciantes e veciños da rúa San Roque , espertáronse a mañá cunhos buratos no medio e medio da calzada, e pedindo explicacións por parte  de, primeiro os que facían os buratos. Logo dirixíronse ata casa consistorial, e ante a situación de ausencia do alcalde por atoparse de viaxe, optaron por esperar a mañá para falar directamente con el.

Mais tarde puideron saber que se trata de catas para a canalización do gas cidade.

Isto parece ser que aínda enfureceu mais os comerciantes, tendo en conta que faltan tan só 4 dias para unha ponte festiva de moito gasto, e a pouco mais de 10 dias para a semana santa.

Sigue manifestando o portavoz, que a eles ninguén se dirixiu para explicar de antemau as obras que se ían a realizar.

Entre os viandantes escoitábanse comentarios tales como:

 “Para unha calle que leva 20 anos empedrada sen unha rotura, agora sabe dios como quedará”

Os comerciantes esperan que mañá a maña, dende o concello se de algunha explicación, e por suposto as garantías de que nos días e semanas vindeiras non continúen coas obras. 

Comentarios