Indignación, perplexidade e impotencia dos veciños da rúa S.Roque

IMG-20220210-WA0007
Indignación, perplexidade e impotencia dos veciños da rúa S.Roque

Un coche estivo 8 horas aparcado fronte a un garaxe e impediu que puideran entrar os coches

Entre as once e doce da mañá salta a “alarma” de que un coche está estacionado na rúa S.Roque, xusto enfronte sa entrada dos garaxes de 42 veciños.

Ás 14:15 avisan a policía local do feito posto que xa son máis de media ducia os coches dos propietarios que non poden entrar ao garaxe.

Cando acode a Policía Local, multa ao coche infractor, pero comunícalle aos veciños que non pode facer nada máis, posto que en Xinzo non hai servicio de grúa.

A primeira hora da tarde o presidente da comunidade de veciños ponse en contacto co concelleiro correspondente, o cal lle contesta o mesmo: “Non podemos facer nada para sacar o coche”.

Os ánimos dos veciños seguen a alza posto que non entenden a non posibilidade de actuar de outra maneira, e preguntándose entón

“Para que pagamos un vado”?.

Nestas horas xa eran máis dunha ducia de coche dos veciños que tiveron que aparcalos ao longo da rúa, por non poder entrar nos seus garaxes.

Pasadas ás 19:30 o propietario/a do vehículo pasa a retiralo dicíndolle aos veciños, que nesa altura estaban asinando un escrito que mañá pola mañá levarán ao concello, que fora somentes uns minutos.

Algún dos veciños manifesta que este coche está aparcado todos os días na rúa, de día e de noite.