martes 11/5/21

Inserción laboral e apoio á dependencia no CDR O Viso

A asociación organiza o programa Ruralempréga-t e un Módulo de Apoio Domiciliario e Alimentación Familiar REDACCIÓN O CDR O Viso céntrase este...
Untitled

A asociación organiza o programa Ruralempréga-t e un Módulo de Apoio Domiciliario e Alimentación Familiar

REDACCIÓN

O CDR O Viso céntrase este outono na inserción laboral e o apoio á dependencia, con dúas inciativas: o programa Ruralempréga-t que xa está en marcha, e o módulo de Apoio Domiciliario e Alimentación Familiar que se iniciará o próximo día 11 de novembro. Ruralempréga-t promove a inserción laboral e social de persoas en risco de exclusión social ou situación de vulnerabilidade, como pode ser o caso de desempregadas de longa duración, maiores de 45 anos, mulleres, mocidade, e especialmente, aquelas con baixa cualificación profesional.

No eido da axuda á dependencia, o Centro de Desenvolvemento Rural céntrase na formación das familias a través do Módulo de Apoio Domiciliario e Alimentación Familiar que se celebrará a partir do vindeiro luns día 11 de novembro en Lodoselo (Sarreaus), de luns a xoves en horario de 16:30 a 20:30.

Información e inscricións Para participar en calquera das dúas actividades propostas é necesario poñerse en contacto coa asociación por calquera destas tres canles: ben por teléfono no 988 461 571, por correo electrónico no enderezo [email protected], ou en persona dirixíndose á Praza Maior Nº1 1ºC en Xinzo de Limia.

Comentarios