A oposición arremete contra o PP, nun pleno que ía ser sen intervencións

20180822_165932
A oposición arremete contra o PP, nun pleno que ía ser sen intervencións


Nun pleno no que non estaba prevista ningunha intervención, Xinzo Adiante, PSdeG-PSOE e BNG conseguiron que se lles concedera o turno de palabra

plenoouç (1)Primeiramente, Manuel Pérez Campos, Portavoz de Xinzo Adiante, expresou que non estaba de acordo coa urxencia do pleno e menos as formas na que foi convocado. “O que no é normal é que nos enteremos pola prensa da convocatoria e non polos medios oficiais que é como debera ser”. Tamén mencionou que “O pleno pode convocarse sen a credencial, e podía terse feito con anterioridade”.

Manuel Pérez Campos tamén interviña para resumir un pouco a historia do goberno do grupo popular nesta lexislatura e todas as “desfeitas”, como el mesmo di. “Dende Xinzo Adiante lamentamos o espectáculo que se está dando neste Concello co conseguinte desprestixio para este pobo”. Pasou por moitos puntos, dende o problema demográfico que vive o noso Concello ata a situación da contaminación da auga na comarca. Cultura, sanidade, problemas urbanísticos… Unha morea de situacións das que o Portavoz di “son máis de 40 as mocións presentadas de Xinzo Adiante para mellorar como pobo, moitas aprobadas por unanimidade, e todas elas metidas nun caixón e sin facer nada”. Manuel Pérez pediulle ó novo alcalde que “que non perpetúe a continuidade, que retire a súa candidatura a alcaldía e será o mellor servizo que lle pode dar a Xinzo”.

plenoouç (3)Ramiro Rodríguez, do BNG explicaba que “votamos a favor da urxencia, pois é importante facer cumplir a Lei e o prazo legal termina mañá, pero máis importante é por unha cuestión de dignidade, que remate este lamentable espectáculo que están dando vostedes (O PP) e pasemos rápido esta vergoñenta páxina”. Tamén criticaba que este revolto e as súas “leas internas” entorpecen o funcionamento do Concello e de Xinzo.

Ramiro Rodríguez tamén interviña unha segunda volta para ratificar a súa candidatura á alcaldía “por respeto a xente que o acompaña, e os veciños e veciñas que nos acompañaron nas eleccións de fai tres anos “. “De todos os xeitos tamén digo que por sorte xa falta menos para as eleccións do vindeiro ano e será cando os veciños e veciñas teñan a palabra, e esperemos que tomen nota de todo o acontecido e aposten polo cambio que nos leve a ser a un concello líder e modélico na comarca”.


plenoouç (4) Elvira Lama, Portavoz do PSdeG- PSOE tamén interviu xa antes da votación da urxencia, criticando o desgoberno do PP e a situación que vimos vivindo hai xa un tempo. “Os motivos do retraso quedaron documentados fielmente, nós sabíamolo extraoficialmente, pero agora quedaron reflexados” e contiuaba pedindo que “os xuízos de valor político farémolo os políticos e os xuízos de valor técnico os ténicos” e continuaba decindo que “nós tamén votaremos a favor da urxencia para que remate este Reality Show como di o futuro alcalde”.

A Portavoz tamén interviu unha segunda volta, e comezaba dicindo que “Xinzo vai a cargar para sempre co San Benito de ser o Concello “pichichi” das dimisións por culpa das pelexas internas do grupo de goberno do PP”. Continuaba criticando as Concellerías máis importantes, Agricultura, Medio ambiente, Servicios Sociais, Sanidade, onde se dirixiu directamente ao novo alcalde decindo que “quen mellor conoce é o futuro alcalde do Concello, pola profesión que desempeña, as carencias do centro de saúde, as carencias en pediatria, fisioterapia, enfermería.. Como doblan turnos os médicos para atender a poboación a pesar de que o seu partido goberna na Xunta de Galicia”. Logo tocou o tema cultura, decindo que “Que dicir da cultura deste pobo? A programación da distintas épocas do ano nin existe, nin está nin se lle espera. Agás eses eventos que organizan asociacións privadas con moitisimo esforzo e regaño e sin presencia do Concello”. Finalmente, acababa mencionando que “Non tíñamos servicio da policía local un sábado pola tarde e un domingo pola tarde, porqué non se contratan asistentes como se fixo outros anos?” denunciando a situación de falta de persoal.