sábado 5/12/20

Os ladróns quedaron satisfeitos e repiten

En pouco mais de tres meses os ladróns volven  a "visitar" a cervecería Avenida de Xinzo

Esta vez, con moita calma e forzando a porta detrás do local os ladróns levaron un botín consistente en cartos en efectivo das máquinas de xogo, máis 4 pantallas de plasma e un equipo de música que o propietario valorou  todo elo en  12.000 €.

Segundo a declaración do propietario, desta vez fixeron moito mais destorzo que na primeira.

Segundo  manifestan persoas achegadas ó propietario, xa non sabe o que facer. Si reforzar as portas ou poñer outros sistemas, que non son moi eficaces, posto que hoxe e moi fácil inhibir as señais que se envían as centrais de alarmas.

A Guardia Civil de Xinzo e a encargada da investigación como tamén e a do roubo na casa reitoral de Ganade.

Comentarios