lunes 28/9/20

As lapas rodearon o San Benito en Sandiás e cercaron unha aldea en Bande

As lapas rodearon o San Benito en Sandiás e cercaron unha aldea en Bande

    A capela de San Benito de Uceira, en Sandiás, a piques estivo de ser vítima das lapas por mor dun incendio que deu comezo pasadas as 15h do domingo. 

Os equipos de extinción traballaron arreo na zona evitando que o lume se estendera. A ermita de peregrinación de milleiros de fieis estivo ameazada polas lapas que se achegaron a tan só 300 metros do recinto. 

Así as cousas os efectivos lograron apagar o incendio a media tarde freando o avance do lume. Nas labores participaron dous helicópteros, tres avións e o persoal da Brif de Laza.

Outro lume comezaba no concello de Bande cando eran tamén as 15 h. O incendio achegouse á aldea de Pazos e vivíronse momentos de tensión pola súa proximidade ás vivendas. Afectou tamén ós lugares de Souto e Nogueira situados nos límites do municipio de Lobeira. 

O rexedor de Bande, José Antonio Armada, non dubida de que se trata dun lume intencionado pola hora a que deu comezo e por onde o fixo, preto da estrada. 

Nas labores de extinción participaron tres helicópteros, catro avións e dez brigadas.

 

Comentarios