A Limia amence cuberta de néboa e con pouca visibilidade nas estradas

neboa
A Limia amence cuberta de néboa e con pouca visibilidade nas estradas

O martes pola tarde chegan as precipitacións á comarca

A Limia espertou cuberta dunha néboa intensa que ata pasadas as 10h da mañá non empezou a desaparecer. O certo é que por momentos a visibilidade era escasa nas estradas polo que fixo falta extremar as precaucións.

Na vila de Xinzo por momentos costaba ver con claridade as casas.

neboa 2

O tempo comezou a mudar deixando atrás os días de sol e calor pois na xornada do martes chegan as precipitacións pola zona. A partir das 19h a choiva comezará a entrar polo sur de Ourense e choverá durante toda a noite. As temperaturas baixan cunha mínima de 6º e 18º de máxima.

O mércores a Limia amencerá con precipitacións que serán de caracter intenso pola mañá. Pola tarde abriranse claros e hai posibilidade de que se achegue a tormenta. Pola noite deixará de chover e así se manterá ata o xoves ó mediodía cando van voltar as precipitacións.

As temperaturas manteranse baixas co cal a maiores do paraugas será preciso coller roupa de abrigo.