martes 21/9/21

A Limia terá os servizos de matrona a partir de xaneiro do 2015

O Centro de Saúde de Xinzo contará co servizo de matrona para a atención os coidados de postparto e mais os cursillos preparatorios

Segundo comunicou a xerencia de xestión integrada do Sergas para a nosa provincia a partires do dia 1 de xaneiro os 26 concellos da Limia , Terra de Celanova e Baixa Limia contarán con dúas profesionais para a atención as mais de 6.200 mulleres en idade fértil de toda a comarca.

A partir dese día xa non Terán que desprazarse ata Ourense tanto para a preparación o parto como os coidados posteriores.

A matrona fará un seguimento inicial a nova nai e o bebé tanto nos centros de saúde coma nos seus domicilios.

Outro dos obxectivos desta nova enfermeira especialista será a de promover a lactación materna., as probas sobre de enfermidades metabólicas , as derivacións a outros servizos , así como as vacinacións e o control do desenrolo infantil.

Este servizo levaba sendo reclamado dende fai moito tempo

Comentarios