Limitacións en mor de solucións

A 52
Limitacións en mor de solucións

A solución as fochancas na A-52 non é a limitación de velocidade

As “solucións temporais” para as fochancas na A-52 siguen aumentando. O número de km nos que se limita a velocidade a menos de 120km/h son cada vez máis, pasando xa dos 40km.

As limitacións afectan o trazado comprendindo entre o Alto das Estivadas, en Cualedro e Verín nunha dirección, mentres que na nosa Comarca atópanse entre a saída do centro de Xinzo e o concello de Sandiás. Estes dous tramos suman 42 km de restricción.

Logo de falar con varios veciños, comentan que ante a mala situación da A - 52, a solución para as fochancas é arreglalas, non limitar a velocidade. É unha medida que debería ser provisional pero semella que é definitiva, pois os presupostos que recibe a provincia de Ourense para o mantemento das carreteras é a metade que a media española