Macro comisión para organizar o Entroido 2018

481
Macro comisión para organizar o Entroido 2018

Case medio cento de veciños e veciñas formarán parte dela

Moi tensa foi a asemblea constituinte da comisión organizadora do Entroido 2018 a que acudiron mais de 100 veciños, que segundo a maioría estaba disposta a botar unha man na súa organización.

A asemblea estaba moderada polo recen nomeado concelleiro de Cultura, Carlos Gomez, que tivo que empregar todos os seus dotes de mediador, para conducir unha reunión que en momentos fíxose tumultuosa nos parlamentos, ata que unha mala interpretación por parte dun grupo de veciños que quixo entender que \“uns eran veciños e os outros non\”, cousa que o moderador non dixera, fixo que ese grupo abandonara o salón durante uns minutos.

480

UN GRUPO ORGANIZADO POR UN LADO E UNS VECIÑOS POR OUTRO

A temperatura do ambiente foi subindo posto que un grupo xa organizado de veciños manifestou que eles non estaban dispostos a formar parte na comisión cos outros que foron os que se encargaron da organización os dous últimos anos. Nese momento os ánimos fóronse caldeando ata o punto do abandono anteriormente citado.

Logo de acusacións por parte de varios dos presentes a volta do grupo de veciños que si admitían unha comisión integradora chegouse o acordo de formar unha primeira comisión con todas aqueles veciños e veciñas que acudiran a convocatoria de asemblea e que estiveran dispostos a botar unha man na organización do entroido 2018, que como todos estaban de acordo, xa vai un pouco atrasada.

CASE MEDIO CENTO

Chegados a este punto foron case medio cento os que estarían dispostos a formar parte da mesma e que quedaron xa convocados para o mércores as 20:30 e comezar a facer as comisións necesarias e suficientes de cara a organizar o \“mellor entroido\”.Aínda despois deste acordo o que todos opinan é que ata o mércores sexan moitos os que acorden non participar e quedar reducida como moito a metade, posto que unha comisión con tanta xente ten unha difícil maniobravilidade.

O que si é de agradecer é o interese de tantos veciños e veciñas , cousa que ata fai tan so tres anos a concellería tiña que organizar todo o ciclo do entroido, mais dun mes, practicamente co persoal da propia concellería.