lunes 30/11/20

Todo preparado para os máis de 150 postos, que virán a feira de mañá sábado 13 en Xinzo

Xa estarán incluídos, calzado, téxtil e comida

Rúa Carmen Novoa
Rúa Carmen Novoa

Na terceira feira de Xinzo dentro do estado de alarma, xa estarán representados todos os sectores habituais das feiras de  antes do Covid 19 .

NOVO EMPRAZAMENTO

Esta mañá a a Policía Local estivo delimitando as zonas onde se colocarán os postos, tanto na esplanada do Toural onde os postos manterán as distancias regulamentadas e ao longo das rúas Alexandre Bóveda e Carmen Novoa.

Esta nova localización, estará en vigor ata o final da pandemia, ou ata que haxa unha vacina, tal e como acordou nunha reunión Elvira Lama cos representantes dos postos fai dous días.

Valado do recinto e controis de entrada e saída

IMG_20200610_170554Tal e como se veu facendo nas últimas feiras membros de protección Civil e Policía Local manterán controis tanto a entrada como a saída do recinto, así como no seu interior, para que os visitantes e os propios feirantes manteñan as medidas de seguridade acordadas para esta fase e o futuro, cales son as de distancia de seguridade e uso de mascarillas.

DOUS METROS DE POSTO A POSTO

Outro dos acordos aos que se chegou na reunión foi o de que a separación entre posto e posto sexa de dous metros e seis ata o posto de fronte.Os feirantes comprometéronse así mesmo a reducir o tamaño dos postos nun 20%.