viernes 23/10/20

Os máis pequenos tamén se van de vacacións

Os case 100  cativos  da Galiña Azul, tamén quixeron despedir este curso académico cunha festa

IMG_4717-1

Acompañados das súas “seños” fóronse  ao parque do Toural na tarde de onte sábado para celebrar o fin de curso.

Ademais da correspondente merenda cos seus compañeiros e proxenitores, uníronse á festa os mais pequenos  tamén da banda de gaitas da escola municipal.

cats

Non faltaron as pinturas para dar por concluído o curso, aínda que segundo comentaron as coidadoras aínda ós  que queiran poderán seguir perante este mes de xullo, aínda que xa dunha maneira  mais distendida e cuns horarios moito mais flexibles, ata que no mes de agosto se  peche a gardería todo o mes para coller as merecidas vacacións.

Na gardería de Xinzo, son case un cento  de nenos e nenas ós que enchen por completo as aulas autorizadas. Aulas que segundo anunciamos xa en dendealimia, este ano parece ser que os  “reis meigos” adiantáranse ao mes de agosto para unhas pequenas reformas e melloras de cara  o curso que vén.

Comentarios