martes 22/9/20

MAÑA ACCIDENTADA EN XINZO

Dous accidentes  con feridos de diferente consideración

Accidente do camión (foto veciño)
Accidente do camión (foto veciño)

As 8 da maña, na estrada que une Lamas con Puente Liñares, un camión de Coren, o parecer, segundo os presentes, saltouse un stop e foi váter contra unha furgoneta . No accidente resultaron tres persoas feridas, unha delas de consideración, a cal tivo que ser trasladada polo 061 ata un centro hospitalario. A estrada que circula parella a xeral que vai por Ganade tivo que desprazarse un camión grua para facer o rescate da furgoneta. Motivo polo cal o tráfico estivo afectado durante horas.

Aínda sen rematar as tarefas de este accidente por parte dos medios da Guardia Civil, 061 e Protección Civil de Xinzo, tiveron que trasladarse ata a estrada que une Xinzo e Trasmiras a altura da Peugeot onde un veciño de Xinzo que saía deste concesionario foi alcanzado por outro vehículo que non se deu conta de que estaba parado no centro da calzada para xirar cara a esquerda e despois de ser alcanzado o seu vehículo foi a bater con outro que viña en dirección contraria. Afortunadamente neste último accidente non houbo feridos.

Comentarios