jueves 15/4/21

Entre mañá e o xoves vacinaranse os nacidos entre 1956 e 1961

Serán avisados por sms, ou chamada robotizada, entre esta tarde e mañá

Os Limiáns irán ao hospital de Verín ou a Expourense

vacinación
vacinación SERGAS

Tamén a Consellería de Sanidade comezará a partir de mañá a vacinación masiva das persoas que naceron entre os anos 1942 e 1946, así como entre 1956 e 1961. Nestes casos a convocatoria farase atendendo a criterios de idade, comezando polos maiores.

No caso dos nados entre 1942 e 1946, que recibirán a vacina de Pfizer, vanse citar 90.000 persoas mediante un SMS con confirmación hoxe mesmo e cunha chamada robótica con confirmación mañá martes día 6. Así mesmo haberá unha chamada dende os equipos de citación o mércores, tan só aos que non teñan confirmado a súa cita polo SMS ou a chamada robótica.

Na área de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras vacinaranse 12.600 persoas en EXPOOURENSE, e nos hospitais de Verín e Valdeorras.