martes 1/12/20

Marchando unha de breves!

Fomento toma cartas no asunto dos carteis REDACCIÓN A telenovela dos carteis que dan a benvida aos viaxeiros en Xinzo de Limia continúa, o Ministerio de Fomento ven de acordoalos con varios pivotes reflectantes. A Administración central tomou esta medida despois de terlle pedido ao grupo de goberno que os retirase, por non cumpriren a normativa europea nin estar homologados. A pesar do que parece un aviso algo máis serio de que os paneis deben desaparecer, o Concello segue sen plantexarse a súa retirada. Se queres saber máis sobre o tema, podes ler o artigo de Manuel Seoane sobre o asunto premendo aquí.   Últimos retoques na estrada N-525 Despois de que un tramo da N-525 gañase unha capa de rodadura ao seu paso por Xinzo de Limia, obras que segundo Elvira Lama, voceira do grupo socialista, foron ao “Estilo Margarita”, ou o que é o mesmo “uns metros si, e outros non”, unha empresa procederá nos próximos días a pintar a sinalización horizontal no firme.  

Comentarios