María do Ceo emocionou o público de Xinzo

Maria do Ceo e Coral Santamariña
María do Ceo emocionou o público de Xinzo

Antes da presentación o Alcalde acompañado de Casares, D. Jaime e o letrista Armando González falaron sobre as súas vivencias a carón de María do Ceo

María do Ceo na súa intervención (falada) volveu a manifestar a súa ledicia polo nomeamento de filla adoptiva.

Manifestou, que agora que xa non viven os seus país, atópase con \“outros novos país, que son Xinzo, e con novos irmans, que son todos os veciños do concello\”

Sorprendeu ós presentes a relación dende xa fai 37 anos, segundo as súas propias verbas de D. Jaime, párroco da vila. Entre as moitas anécdotas que contou da cantante, inéditas para todos , foi a dun esquecemento de roupa que a súa nai lle mandara levar o río para lavar, chegando de volta a casa, de noite, e sen a roupa.O que pasou despois, xa o saben ós que onte estaban no salón de actos da Casa de Cultura.

Armando González, letrista de case que todas as cancións de María, presentou o seu último traballo, como o mais María do Ceo, 100% María.

Neste traballo con Baladas, Boleros , un Pasodobre, e por suposto non podían faltar os Fados.

Neste caso presenta o fado \“Ourensanía\”. Tamén hai unhas composicións pertencentes a música de dúas películas rodadas en Galicia e o himno o Couto Mixto.

Pasadas as verbas, María deleitou e emocionou o moito publico asistente co himno composto para a ocasión do día anterior que lle chamou \“Xinzo\”. Nesta ocasión só co acompañamento da guitarra tocada polo seu marido. Interpretou tamén o fado \“Ourensanía\” neste caso acompañado ademais polo seu fillo na bandurrria, e para finalizar o acto, subiu o escenario a Coral Santamaríña , para conxuntamente interpretar o himno do Couto Mixto.

O remate María anunciou que no seguinte traballo aparecerá xa o himno de Xinzo, para o que solicitou tamén a colaboración tanto da Coral Santamaríña , como da Banda de gaitas de Xinzo.