miércoles 28/7/21

Por menos de 10 €/mes, pódese alugar un local en Xinzo

O concello sacou a subasta 6 locais na praza de abastos

Praza abastos xinzo
Praza abastos xinzo

O concello de Xinzo sacou a concurso 6 locais que se atopan baleiros  na praza de abastos que teñen que ser ocupados con postos de carne ou de peixe.

O prezo  do aluguer vai dende os 6,23 €/mes ata os 8,30, dependendo da situación e o tamaño dos mesmos.

O procedemento de licitación e aberto a calquera empresario/a interesado/a e o único criterio de adxudicación e o maior prezo ofertado.

O prazo de concesión será de 10 anos e a fianza definitiva nun dos casos será de 199,46 €

O prazo para presentación de ofertas remata aos 30 días hábiles do anuncio no BOP que foi o 26 de xuño.