miércoles 23/6/21
Mercado

O mercado máis solidario da Limia xa está instalado

A Asociación Limisi Diversidade Funcional leva dende as 11:00 desta mañá co seu mercado instalado en Xinzo

IMG_20170814_113929
Postos do mercado solidario de LImisi.

Coincidindo coa feira que máis xente reune na capital da Limia en todo o ano, a Asociación Limisi Diversidade Funcional instalou o seu xa tradicional mercado solidario nas Praza Carlos Casares.

Os postos deste ano son moito maiores que os de anos anteriores.

Dende as 11:00 da mañá xa se pode un achegar aos stands que esta asociación limiá dispuxo nos soportais da Casa da Cultura de Xinzo. Alí estarán instalados todo o día para vender diferentes produtos que lles permitan aumentar o financiamento necesario para a realización da súa necesaria labor.

Segundo informan dende a organización os postos deste ano son moito maiores que os de anos anteriores, o que está a incrementar o interese de veciños e visitantes por se achegar a eles.