martes 20/10/20

Mercadona ten previsto abrir o seu supermercado de Xinzo a finais de ano

mercadona

     As obras de construción do novo supermercado da vila avanzan a bo ritmo. Por esta razón a empresa Mercadona estima que para finais de ano o seu novo centro comercial poderá abrir as portas en Xinzo. A parcela de 10.000 metros cadrados onde se levan a cabo as obras, está situada na entrada do parque empresarial.

Os traballos destes días céntranse na colocación do esqueleto da nave central do supermercado para o  que foi preciso instalar un guindastre de grandes dimensións. 

mercadona2

As obras deron comezo a finais de xuño tras obter a licencia municipal. Coa posta en marcha deste novo mercado, o Concello de Xinzo agarda activar a actividade empresarial na zona. Polo momento a empresa líder en alimentación xa anunciou a creación de 40 postos de traballo e na Limia levan tempo enviando curriculums a Mercadona na busca dunha oportunidade.  

 

Comentarios