Patricia F.S
14 de junio de 2016, 22:10
A mediados de xuño e pese a que o tempo non acompañar o Concello de Xinzo tomou a decisión de abrir as piscinas municipais exteriores. Dende o mércores 15 poderán acudir a elas en horario de baño de 16h a 20.30h agás na fin de semana onde se amplía o horario de 12h da mañá a 20.30h da tarde.
A partir do día 23 muda o horario e as piscinas estarán abertas de 12h da mañá a 20.30h todos os días da semana.
Dende o Concello sinalan que o prezo da entrada será o mesmo que o do ano anterior.